jueves, 5 de julio de 2007
Arranca o Festival Ortigueira'07
Chegou o día. Xentes de todas as tribos toman xa a pequena vila de Ortigueira. Embebidos por un ambiente de xoldra prepáranse na praia de Morouzos para tomar esta noite na explanada da Alameda, dispostos a vibrar cos macroconcertos do Escenario Estrella Galicia.
Antes, durante todo o día poderán visitar xa as dúas exposicións programadas para este ano: "Saias", do fotoxornalista José Pardo sobre o Festival 2006 que se expón nos escaparates do casco urbano e "Nazón de Breogán" que, no claustro do concello, propón un percorrido pola historia de Galicia. A terceira proposta que madruga é a tradicional fira de artesanía.
Xa no Escenario Estrella Galicia, a iso das 22 horas, o cartel inclúe ás cinco bandas gañadoras do Proxecto Runas, destinado a apoiar aos grupos folk noveis da Península. Setesaias, Balbarda, Crema de gaita, La Jambre e Bonovo
debutan no Festival nunha noite deseñada para comezar a tope.
Festival Ortigueira'07
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario