jueves, 26 de julio de 2007
¿Por qué NÓS NON?
Durante todos estos días, poidemos asistir con varias opcións a diferentes concertos e festas en pobos moi cercanos ó noso.
O Pasado Venres en Miño poidemos asistir o Concerto de Celtas Cortos, o Sábado en Somozas cantou Paulina Rubio, nas Pontes o mesmo día ofrecíanos o seu espectáculo Marta Sanchez,o Martes día previo o festivo en Somozas volveu a tocar outra gran artista como é Merche e en As Pontes, os Celtas Cortos de novo.Por último en Ortigueira o Vindeiro Fin de Semana, tocarán M-Clam o sabado e o Domingo Mikel Erentxun.
Todos estos artistas con un gran caché, uns máis que outros pero todos con algo en común:
1º Son Famosos.
2º Non tocaran en Pontedeume.
Estos días falaboa coa miña xente e chegabamos a conclusión de que en todos estes pobos, as festas as podían financiar as empresas alí emplazadas e que por ese motivo, podían celebrar estas gran festas.
¿Qué pasa logo aquí, na nosa Vila?
Este ano o Concello levará a organización das nosas festas.
As Festas das Peras, son conocidas por toda a provincia Coruñesa, ata aquí acercanse moitísima xente, sen embargo ainda que están moi ben, con todos os actos que se celebran e coas orquestas, penso que os Eumeses estamos desexosos de poder ver no noso pobo a un "Artista" con nome, sen desprestixar por suposto as grandes orquestas, que son igual ou maís artistas ca estes últimos.
Penso que en Pontedeume, hai dúas grandes empresas como son EINSA e a CELTA, e que éstas poderían aportar moito máis, porque a xente fala de que moitos bares apenas poñen cartos que é verdade pero creo que entre o sector da Hostelería e estas grandes empresas poderíamos facer unhas festas moitísimo mellores cas dos nosos veciños.
¿Ou acaso somos menos os Eumeses?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Toda a razón do mundo.
Publicar un comentario