sábado, 23 de junio de 2007

SOS COUREL




Comunicado Urxente !!
Asociación Ecolóxico-Cultural "SOS Courel"

Amigas e amigos !!

Pedímosvos encarecidamente que difundades, se o tedes a ben, esta mensaxe canto poidades.

Incrible !! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:

- O 21 de xuño , foi autorizada pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17)

http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf
O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co "Espazo Cultural do Courel".

Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17

Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización
http://www.amigosdaterra.net/cmn-album/main.php?g2_itemId=6426
Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.


- O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao "Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza", polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será declarado "Concello Mineiro". A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)

http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf



- Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.

http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/e6973315e9f833c9c125717600543020/3164adb99cc0fcc3c12572fe005990bf/$FILE/11700D048P063.PDF


¡¡¡ Agora, máis que nunca, seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!

- Impríme o modelo:

EN Galego
http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20natural.pdf

EN Castellano
http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20castelan.pdf

- Mándaas ao seguinte enderezo:

"Asociación SOS Courel".
Santa Eufemia, nº 32,
Folgoso do Courel, 27327( Lugo.)


Asociación SOS Courel.
http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

Esta mensaxe non é un Spam , vai dirixida aos amigos do Courel, para ao noso entender, defender o Patrimonio de Todos. Se non queres recibir máis noticias envía un correo a soscourel@mundo-r.com,

Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina:

http://www.ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1216&mode=thread&order=0&thold=0,


--------------------------------------------------------------------------------

No hay comentarios: