domingo, 1 de julio de 2007

CLARA DERROTA (Emilio Salorio)

As eleccións municipais supuxeron unha clara derrota dos partidos do Goberno en Pontedeume: 550 votos menos entre os tres.
E máis derrota é cando os candidatos eran de baixo perfil político: subiron 130 votos entre os dous, axudados por extraños e sorprendentes aliados.
O Circulo de Opinión Eumés (COE), un grupo de amigos que nace do resentimento, cunha oposición sen o mínimo respeto á ética política democrática, de rancio populismo dende o panfleto, nunca dende o foro democrático, o pleno, baseada no insulto, as medias verdades e o vulgar, alimentando os sentimentos máis primarios da xente: a xenofobia contra o candidato do BNG, "o pontevedrés", por non nacer neste concello;contra a dignificación do exercicio político con campañas moi sucias contra as dedicacións exclusivas, que aogra volveranse contra deles,etc.
O PP estivo sorteando o cabeza de lista ata mes e medio antes das eleccións, sen proxecto algún, xa que nin tan sequera elaboraron un programa electoral, cunha composición de lista de xente sin inquietude política nin social algunha. O que se fixeron foi alimentar conflictos contra o BNG, coa recalificación da zona industrial de EINSA e confundindo aos veciños de Nogueirosa contra a Galescola, cuestiós estas que se aclararán de inmediato.

Pero o que máis resaltou foi a sua cobardía para o debate democrático, negándose a participar nos debates coas demais forzas e mesmo sen convocar nin un só acto para dar conta das súas propostas.debo concluír que, con este panorama, o triunfo non foi po méritos dos gañadores, senón por demeritos dos perdedores, o que nos obriga a reflexionar sobre como correxir os erros que, sen dúbida, cometemos, para que a xente de Pontedeume recupere a confianza no nacionalismo de esquerda.


Emilio Salorio é exconselleiro do BNG de Pontedeume

Trabajar nunca mato a nadie... pero para que arriesgarse

1 comentario:

Anónimo dijo...

fue a hablar emilito salorio, el que nos robó todos estes años el dinero del pueblo para meterselo en su bolsillo, como tu amiguito rey y demás. hablas de la lista del Pp, y luego la bustra que tenia de mejor¿? no me hagas reir que ya me rei demasiado. y lo de noguerosa nadie los confundió, vieron lo que teniais pensado hacer con sus propiedades, aceptar de una vez la derrota que ya va siento hora.