martes, 3 de junio de 2008

Algún seguen nos séculos oscuros




Non é a primeira vez que falamos deste grupo de rapaces, nin seguramente será a última, a AMI (Asamblea Mocidade Independentista) ven de facer un video no que as formas e maneiras recordan moito as das xuventudes socialistas.

Non sei en que século viven estos rapaces, falan de imposicións, loitas, de anos de ocupación españolista, falan dos reies católicos.

Señores que estamos no século XXI, a maioria dos que pertencen a esta agrupación naceron o igual que eu en plena democracia.
Naceron nunha sociedade libre, na que cada cidadán pode falar na lingua que lle pete.

Recentemente Galicia Bilingüe, facia unha serie de enquisas nas que os resultados non poderían ser máis esclarecedores: O 80% dos galegos quere escoller libremente o idioma de escolarización dos seus fillos.

Así que deixadevos de lerias, de luitas de de discursos colonizadores, aqui somos galegos como os que máis o igual que españois, e en lugar de estar orgullosos de isto, que é unha fonte de riqueza, o dominar dúas linguas a perfección, vos seguides na idade de pedra, falando de tempos pasados.

Non haberá moitísimas cousas máis importantes polas que preocuparse antes de crear un ambiente de pelexa constante.

Aquí tedes o enlace para quen desexe ver o video da AMI.VIDEO

Gabriel Torrente Rodríguez

3 comentarios:

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

Acabo de hacer un artículo sobre esto y me he quedado muy liberado defendiendo la libertad, en la que creo por encima de todo.

Un saludo

Anónimo dijo...

Me parece fenomenal que te embarques en el bilingüismo en tu Blog.

Nosotros representamos la libertad.
Cuando nos apetezca hablar un idioma u otro lo hacemos.

Yo al AMI lo compararía con Galiza Novas, no con Xuventudes, estos últimos sólo van a lo que van, la pela.

Anónimo dijo...

Sobre a famosa enquisa de GB, é o 80% das 797 persoas que foron preguntadas na enquisa. E 797 persoas resultan ser unha mostra minúscula para pretender empregalos como imaxe do 100% dos galegos, tendo en conta que ese número de persoas preguntadas representa menos do 0,1% da poboación galega.